luns, 28 de abril de 2014

Mostra teatro

A semana pasada comezamos coas saídas dos nosos grupos de teatro, que participan na Mostra de Teatro 2014.

Tocoulles o xoves 24 de abril aos Picariños, os medianos. Foron aos Franciscanos
E o venres 25 de abril aos Cativos, os pequerrechos de Infantil, que foron ao María Barbeito.

Esta semana non temos saídas. O mércores 30 recibimos nós ao grupo de teatro do María Mariño.

Pero na semana do 5 de maio os Cativos volven saír, o martes 6 de maio. Ollo que hai cambio de data, a petición da escola que nos recibe, a EIM Luis Seoane.

O grupo dos maiores Pícaros ten a súa primeira saída o xoves 8 ao María Mariño.

xoves, 24 de abril de 2014

Mostra de Teatro Escolar 2014

Hoxe comezamos coas saídas dos nosos grupos de teatro, que participan na Mostra de Teatro 2014.

Tocoulles aos Picariños.

Outra experiencia...

martes, 8 de abril de 2014

Benvidos!





Comezamos un novo blog para poñer nel toda a información da nosa actividade de Teatro e tamén unha galería de fotos

Esperamos que vos guste!