luns, 19 de maio de 2014

Mostra de Teatro Escolar. Semana do 19 ao 23 de maio

Esta semana temos dúas entradas. Visítannos o CEIP Rosalia de Castro, o luns 19 e o colexio Franciscanos o martes 20 de maio.

O grupo Pícaros, teñen a súa derradeira saída da Mostra este mércores 21 de maio. Van ao CEIP Rosalia de Castro.


domingo, 11 de maio de 2014

Mostra de Teatro Escolar. Semana do 12 ao 16 de maio

Esta semana non temos saídas da Mostra de Teatro Escolar. De feito os Cativos xa tiveron a súa derradeira saída a semana que pasou. Agora faltan os Pícaros que saen o mércores 21 de maio e os Picariños que o fan o luns 26 de maio. Si teremos dúas entradas de dous colexios que veñen representar as súas funcións.


Esta semana os nosos grupos actuarán no Forum na XVIII Mostra de Actividades Culturais
Todos o farán o martes 13 de maio, pero en distintos bloques.
  • O grupo Cativos (Ed. Infantil) no bloque das 17 horas.
  • Os grupos Picariños e Pícaros, ambos de Ed. Primaria, farano no bloque das 19 horas.
Máis información

luns, 28 de abril de 2014

Mostra teatro

A semana pasada comezamos coas saídas dos nosos grupos de teatro, que participan na Mostra de Teatro 2014.

Tocoulles o xoves 24 de abril aos Picariños, os medianos. Foron aos Franciscanos
E o venres 25 de abril aos Cativos, os pequerrechos de Infantil, que foron ao María Barbeito.

Esta semana non temos saídas. O mércores 30 recibimos nós ao grupo de teatro do María Mariño.

Pero na semana do 5 de maio os Cativos volven saír, o martes 6 de maio. Ollo que hai cambio de data, a petición da escola que nos recibe, a EIM Luis Seoane.

O grupo dos maiores Pícaros ten a súa primeira saída o xoves 8 ao María Mariño.

xoves, 24 de abril de 2014

Mostra de Teatro Escolar 2014

Hoxe comezamos coas saídas dos nosos grupos de teatro, que participan na Mostra de Teatro 2014.

Tocoulles aos Picariños.

Outra experiencia...

martes, 8 de abril de 2014

Benvidos!





Comezamos un novo blog para poñer nel toda a información da nosa actividade de Teatro e tamén unha galería de fotos

Esperamos que vos guste!